A.PA.M.P. é unha Asociación de Pais de persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas que co compromiso dos profesionais, ten como MISIÓN promover o desenrolo integral destas persoas para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.
Constituída como entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública polo Ministerio e cunha traxectoria de 30 anos xenerando recursos e servizos adecuados ás necesidades individuais dos nosos clientes.
No ano 2004 os obradoiros de Téxtil, Encadernación, Cartón – Pedra e Gravado foron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Nestes Obradoiros realízanse labores artesanais de carácter preferentemente manual e sempre, como responsable da actividade, figura un artesán que dirixe e participa nela.
Nos nosos Obradoiros créanse pezas de artesanía tradicional: Cestería, artesanía tradicional urbana: Encadernación, Serigrafía e Gravado e, de artesanía contemporánea: Cartón Pedra, Téxtil e Cerámica.
CARACTERÍSTICAS DOS NOSOS PRODUCTOS:
Calidade.
Exclusividade.
Orixinalidade.
Feito á man.
Creatividade.
Emprego preferente de materias primas autóctonas: lá, coiro, liño,...
Pezas únicas.
PUNTO DE VENDA DE PRODUCTOS:
Tenda propia sita na Rúa Miguel Hernández nº 1 VIGO
Tamén se realizan traballos por encarga como carpetas para seminarios, xornadas ou cursos, axendas corporativas, camisetas personalizadas, cortinas e chales,...
LEDICIA NAS MANS
OBRAS DIFERENTES, OBRAS ESPECIAIS
COAS NOSAS IDEAS FACEMOS OBRAS A MOREAS
TRABALLAMOS COA CABEZA E CO CORAZÓN